TEATRO NA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS /MARTES 01 DE DECEMBRO DE 2026 -NEGRO LÓPEZ con #INFLUENCERS

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente o último timestre de 2026 continúa en Monforte de Lemos o martes 1 de decembro ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra #INFLUENCERS da compañía NEGRO LÓPEZ, a actuación prevista para a súa representación o pasado 29 de outubro foi aprazada polo accidente ferroviario.
#INFLUENCERS  escrita e dirixida por Chiqui Pereira está interpretada por Elsa Comesaña, Iván Davila e Brais Iriarte. 

ELO MAIS Influencer Race Spain é un concurso no que diferentes creadores de contido competirán para demostrar quen é o mellor! E xa se sabe, nesta época dominada por likes, sempre hai alguén disposto a por en dúbida o resultado dunha votación…

#Influencers é un espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas RRSS, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.