
Monforte de Lemos, 21 de outubro de 2026. Monforte ten unha nova cita coa programación teatral de outono. Este xoves, 22 de outubro, ás 20:15 horas, o Edificio Multiusos acolle a representación de “Artur Ui, o ovo da serpe”, da compañía galega Talía Teatro.
A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, da que forma parte o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.
A representación está dirixida ao público adulto. O prezo da entrada é de 5 euros, cunha tarifa reducida de 3 euros para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas.
O Alcalde, José Tomé Roca, anima os monfortinos e as monfortinas a asistir a esta nova representación e a participar na programación cultural da cidade, que inclúe un total de 12 espectáculos teatrais entre os meses de outubro e decembro, con propostas de compañías profesionais e grupos de teatro afeccionado.
Con esta programación, o Concello continúa ofrecendo alternativas culturais para diferentes públicos e contribuíndo á difusión do teatro galego, ao tempo que facilita o acceso da veciñanza ás artes escénicas.
Ficha e sinopse da obra
“Artur Ui, o ovo da serpe”, é unha obra escrita por Bertolt Brecht, adaptada por Quico Cadaval e Diego Rey, e dirixida por Quico Cadaval. O elenco artístico está formado por Toño Casais, Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo.
Esta peza é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico.
Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fuciño fóra do ovo.

PRÓXIMAS CITAS
Xoves 29 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“#Influencers”, de Negro López
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Xoves 5 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
Mofa e Befa presentan “Os dous de sempre”
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Venres 6 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro
Asociación Cultural Teatreiras / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Todos os públicos
Xoves 12 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“A Metamorfoso”, de Sarabela Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 14 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta
Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos
“A cámara escura”, de Vórtice Escénico
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Revolución, 1789... ou por aí”, de Teatreiras Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos
Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos
Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos