O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o sábado 28 de novembro unha representación teatral con entrada libre e gratuita. Representación que poñerá en escena o grupo monfortino de teatro TEATREIRAS. O Concello integrado nos Circuitos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura presenta o espectáculo que leva por título "A REVOLUCIÓN, 1789 ... ou por ahí" .
Organiza, dirixe e coordina PAQUI ABELEDO.
Adaptación libre do guión de JM Ballesteros
Elenco: PILAR CAMBÓN, MARISA MIRA, IAGO FERNÁNDEZ, NOELIA PASTOR, RITA AIRA, GLORIA GUERRERO, YOLANDA GONZÁLEZ, ENZO GONZÁLEZ, ROSA VILARIÑO, CAROLINA LOPEZ, DELIA VILA
JOAKIN OMAR, LOIS ARIAS, SALMA BIZARRO, TAI M. GÓMEZ
Teatreiras ten asa súas orixes nas actividades de tempo libre para maiores, que se desenvolvían desde Servizos Sociais do Concello de Monforte. Como os obradoiros de teatro tiñan moito éxito, no 2020 constituíuse a Asociación de Teatro Monfortino, que sos anos derivaría en dous grupos de teatro, un deles Teatreiras, que desde os seus inicios ven sendo dirixido por Francisca Abeledo e polo que pasaron deceas de persoas de todas as idades. Cada ano preparan obra nova e ademais participan en representacións escolares, recitais poéticos, fan teatro de monicreques, contacontos e en xeral colaboran de forma moi activa na vida cultural de Monforte e arredores, sendo o seu proncipal sinal de identidade a interxeracionalidade.