
Monforte de Lemos, 28 de outubro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de informar da concesión de diversas axudas dirixidas a entidades deportivas da cidade tanto para o desenvolvemento da súa actividade durante o actual exercicio 2026 como pola súa participación en campionatos nacionais e internacionais.
As subvencións, aprobadas en senllas sesións da Xunta de Goberno os días 14 e 26 de outubro, suman un total de 11.000€ repartidos entre 7 clubs e asociacións.
José Tomé destaca o importante traballo que realizan estas entidades na promoción e fomento do deporte e sinala que “estas axudas son unha mostra clara do compromiso deste Equipo de Goberno co deporte e co labor que desenvolven ao longo do ano”.
A contía das axudas concedidas oscila entre os 1.000 e os 4.000 euros, distribuídas do seguinte xeito:
- C.C. Torre San Vicente Monforte: 1.000€
- A.D. Colexio Ferroviario: 1.000€
- Castelo Bike Club: 1.000€.
- Club de Beisbol Cerveceros Monforte: 1.000€
- Club Ximnasia Rítmica Kendra: 4.000€
- Club Taekwondo Neka, pola participación de deportistas do Club no Campionato do mundo de Taekwondo Téncia e Freestyle celebrado en Corea do Sur o 19-09-2026: 2.000€.
- Club Korbis, pola participación no Campionato de España de Voleibol Infantil Feminino do 27 ao 31 de maio de 2026 nas localidades asturianas de Llanes, Posada, Ribadesella e Arriondas: 1.000€