
Monforte de Lemos, 3 de novembro de 2026. Continúa a programación teatral de outono no Concello de Monforte. Este xoves, 5 de novembro, ás 20:15 horas, o Edificio Multiusos acolle a representación da obra “Os dous de sempre”, a cargo do dúo cómico Mofa & Befa, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, baixo a dirección de Quico Cadaval.
A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, da que forma parte o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.
O prezo da entrada é de 5 euros, cunha tarifa reducida de 3 euros para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas.
A programación do último trimestre do ano inclúe un total de 12 espectáculos teatrais entre os meses de outubro e decembro, con propostas de compañías profesionais e grupos de teatro afeccionado.
Ficha e sinopse da obra
A obra está escrita por Quico Cadaval e Carme Varela, e dirixida por Quico Cadaval. A escenografía corresponde a Baltasar Patiño, que se encarga tamén do deseño de iluminación; o vestiario é de Carlos Alonso, e música e o deseño de son, de Bernardo Martínez.
O elenco está formado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto.
“Os dous de sempre” é unha adaptación dun dos grandes clásicos da literatura galega, dándolle unha nova vida no teatro. Nesta ocasión, Mofa & Befa danlle vida sobre as táboas a Pedriño e Rañolas, dous personaxes concibidos por Castelao na súa faceta de humorista gráfico. Amigos inseparables, son ao tempo antagónicos: un soñador idealista fronte un materialista conformista.
PRÓXIMAS CITAS CO TEATRO NO EDIFICIO MULTIUSOS E A CASA DA CULTURA
Xoves 5 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
Mofa e Befa presentan “Os dous de sempre”
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Venres 6 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro
Asociación Cultural Teatreiras / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Todos os públicos
Xoves 12 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“A Metamorfoso”, de Sarabela Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 14 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta
Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos
“A cámara escura”, de Vórtice Escénico
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Revolución, 1789... ou por aí”, de Teatreiras Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos
Martes 1 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“#Influencers”, de Negro López
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos
Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos