Adxudicadas as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

Monforte de Lemos, 4 de novembro de 2026. A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación do contrato de obras para a mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín. Na sesión ordinaria do pasado luns, 2 de novembro, aprobouse a actuación, que ten por obxecto a renovación do firme de varias vías municipais na parroquia de Guntín.

O importe da intervención ascende á 30.232,93 € e foi adxudicada á empresa Extraco Construcións e Proxectos S.A.. O prazo de execución dos traballos é de 1 mes logo da sinatura da acta de replanteo.

As vías incluídas nesta actuación forman parte da rede viaria municipal e suman un total de 260 metros, cun ancho medio de 4,66 metros e unha superficie de 1.214 m2. O paso do tempo, a presencia de auga en determinadas zonas e o elevado uso dalgunha destas vías fai necesaria unha actuación completa de renovación do firme.

As obras proxectadas contemplan o rebaixado do firme actual nos puntos que sexa necesario e recheo con zahorra, barrido do firme na zona de actuación, colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente e posterior recalque de tapas de arquetas. Nas zonas nas que se execute a base de zahorra colocarase unha primeira capa de aglomerado, previa á capa definitiva.

Finalmente, procederase ao pintado das marcas viais, símbolos e cebreados e colocaranse sinais de STOP nos dous cruces nos que non existen.

 

Continuidade ao plan de investimentos en infraestruturas viarias

Esta actuación da continuidade ao plan de investimentos en infraestruturas presentado na pasada primavera e que supón un investimento global de 1.059.733,23 euros en 10 proxectos que teñen por obxectivo mellorar a mobilidade e seguridade viaria de Monforte. Estas actuacións supuxeron a renovación integral en vías urbanas e rurais, algunhas das cales son arterias principais de comunicación na cidade como a Avenida de Galicia, Rúa Chantada e Rúa Calvo Sotelo.

O obxectivo é “mellorar as comunicacións, incrementar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos da veciñanza, tanto no centro urbano como nos barrios e nas parroquias do municipio”, apunta o rexedor.