A Dirección Xeral do Parque de Vivenda Asequible de CASA 47 informa da publicación dunha nova convocatoria de adxudicación de vivendas en réxime de alugueiro asequible.
Nesta convocatoria no municipio de Monforte de Lemos pon ao dispor da cidadanía un total de 67 vivendas, incorporadas ao Parque Estatal de Vivenda Asequible xestionado por CASA 47.
O obxectivo desta actuación é facilitar o acceso a unha vivenda asequible a aquelas persoas e unidades de convivencia que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras de la convocatoria, contribuíndo ao incremento da oferta de vivenda asequible e ao fortalecemento das oportunidades residenciais no municipio.
As persoas interesadas poden consultar toda a información relativa a:
* Vivendas ofertadas.
* Requisitos de participación.
* Prazos de presentación de solicitudes.
* Documentación acreditativa.
* Procedemento de adxudicación.
Toda a información da convocatoria está dispoñible no Portal de CASA 47: https://portal.casa47.es
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través do Portal Cidadán de CASA 47, de conformidade co previsto nas bases da convocatoria.