A Casa da Cultura de Monforte acolle este sábado, 14 de novembro, a representación de “Vermello”, do grupo sarriano Rebuldeira Teatro

Monforte de Lemos, 13 de novembro de 2026. O salón de actos da Casa da Cultura de Monforte acollerá este sábado, 14 de novembro, ás 20.00 horas, unha nova representación teatral dentro da programación organizada polo Concello de Monforte para o último trimestre do ano. Neste caso, a representación porá en escena ao grupo Rebuldeira Teatro, de Sarria, coa obra “Vermello”, dirixida por Rubén Pérez Pombo.

A entrada é libre e gratuíta.

Esta función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.

Concretamente, o programa cultural para o último trimestre no Concello de Monforte inclúe un total de 12 espectáculos teatrais entre os meses de outubro e decembro, con propostas de compañías profesionais e grupos de teatro afeccionado.

 

Ficha e sinopse da obra

“Vermello” é unha creación escénica que mergulla ao público nun diálogo entre memoria, identidade e resistencia. Combina humor e dor, risa e morte, lamento e ledicia. Constrúe un espazo onde a emoción se volve ferramenta de lembranza e reivindicación.

As personaxes históricas e anónimas conviven cun universo ficcional propio de Rebuldeira Teatro, que converte o escenario nun lugar onde o pasado continúa latexando para berrar unha historia que non quere ser esquecida.

A estrea insírese nun ano de lembranzas colectivas: o centenario da primeira emisión de radio en España (1924) e o 50 aniversario da morte de Franco (1975). Neste contexto, a obra convértese nunha homenaxe ás voces silenciadas e a todas aquelas vidas marcadas pola represión e pola falta de liberdade.

DIRECCIÓN: Rubén Pérez Pombo

TÉCNICO LUCES E SON: Dani Cabada

ESCENOGRAFÍA: Amando Rodriguez Veiga e Manuel López Bergantiños

FOTOGRAFÍA: Naila González

 

PRÓXIMAS CITAS CO TEATRO EN MONFORTE:

 

Sábado 14 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura

“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria

Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte

Entrada gratuíta

 

Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos

“A cámara escura”, de Vórtice Escénico

Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte

Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto +12 anos

 

Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura

“A Revolución, 1789... ou por aí”, de Teatreiras Monforte

Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte

Entrada gratuíta – Todos os públicos

 

Martes 1 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos

“#Influencers”, de Negro López

Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte

Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 €  – Público adulto +13 anos

 

Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos

“Alicia Wants To”, de Bengala

Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte

Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos

 

Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura

“Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte

Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte

Entrada gratuíta – Todos os públicos