Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da validación da xustificación das axudas concedidas a 4 entidades monfortinas para cubrir gastos da súa actividade no ano 2026.
A Xunta de Goberno Local celebrada na mañá deste luns, 23 de novembro, deu luz verde aos expedientes correspondentes, que suman un total de 12.000 €. As axudas xustificadas, que van dos 1.000 aos 4.000 euros corresponden a entidades dos ámbitos empresarial, cultural e deportivo.
Trátase das xustificacións presentadas pola Agrupación Deportiva A Ponte Vella, que percibiu 1.000 €; a Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, cunha subvención concedida de 3.000 €; Clarisas Centro Purísima Concepción, por unha axuda de 4.000 €, e a Asociación Festival Carude Rock, que recibiu unha aportación de 4.000 €.
José Tomé destaca o importante traballo que realizan estas entidades en cadanseu ámbito, “por iso desde o Concello colaboramos moi estreitamente con eles, para que estas entidades poidan desenvolver as súas actividades e proxectos nas mellores condicións posibles”.