
Monforte de Lemos, 26 de novembro de 2026. O salón de actos da Casa da Cultura de Monforte acollerá este sábado, 28 de novembro, ás 20.00 horas, unha nova representación teatral dentro da programación organizada polo Concello de Monforte para o último trimestre do ano. Neste caso, a representación porá en escena ao grupo de teatro afeccionado Teatreiras, de Monforte, coa obra “A revolución, 1789... ou por aí”, dirixida por Paqui Abeledo.
A entrada é libre e gratuíta.
Esta función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.
Concretamente, o programa cultural para o último trimestre no Concello de Monforte inclúe un total de 12 espectáculos teatrais entre os meses de outubro e decembro, con propostas de compañías profesionais e grupos de teatro afeccionado.
Ficha da obra
“A revolución, 1789... ou por aí” é unha adaptación libre do guión de J.M. Ballesteros, con Paqui Abeledo na organización, dirección e coordinación.
O elenco está formado por Pilar Cambón, Marisa Mira, Iago Fernández, Noelia Pastor, Rita Aira, Gloria Guerrero, Yolanda González, Enzo González, Rosa Vilariño, Carolina López, Delia Vila, Joakín Omar, Lois Arias, Salma Bizarro e Tai M. Gómez.
O grupo Teatreiras ten asa súas orixes nas actividades de tempo libre para maiores que organiza o Concello de Monforte a través da área de Servizos Sociais. Cada ano preparan unha obra nova e ademais participan en representacións escolares e recitais poéticos, fan teatro de monicreques, contacontos e colaboran de forma activa na vida cultural de Monforte e contorna, sendo o compoñente interxeracional o seu principal sinal de identidade.
CITAS CO TEATRO EN MONFORTE:

Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos
“A cámara escura”, de Vórtice Escénico
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Revolución, 1789... ou por aí”, de Teatreiras Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos
Martes 1 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“#Influencers”, de Negro López
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Alicia Wants To”, de Bengala
Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos
Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos