Aviso de posibles cortes de luz na zona de Villa Guisada os días 16 e 23 de setembro

Monforte de Lemos, 12 de setembro de 2019. O Concello de Monforte de Lemos informa que a empresa UDF-Grupo Naturgy ven de comunicar que, co obxectivo de efectuar os traballos programados de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica necesarios para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona, levará a cabo cortes do subministro eléctrico.

En concreto, a empresa Naturgy procederá, o luns 16 e o luns 23 de setembro, de 8:30 a 11:30 horas a deixar fora de servizo unha serie de instalacións na zona de Villa Guisada (Camiño Seoane-Tor), números 9000 e 9001, de Monforte.

Estes traballos de mellora poderán provocar interrupcións no subministro de electricidade durante  os mencionados intervalos de tempo, polo que rogamos ós veciños afectados que desculpen as posibles molestias que isto lles poida ocasionar.