Museo do Viño

Museo do Viño

Rúa do Comercio, 6- 27400. Monforte de Lemos.

Teléfono: 982 404 715

O espazo museístico pretende adentrar ao visitante nos elementos naturais propios da Ribeira Sacra. Esta innovadora exposición permanente indaga sobre a cultura do viño. Nunha visita guiada podes disfrutar de imaxes, vídeos, esculturas, pinturas, sons e luces que che farán descubrir a verdadeira historia do viño que é parte da vida das xentes de aquí, conformando a sua personalidade, así como eles conforman a do viño. 

 Inverno: todos os días de 10:00-14:00h e 16:30-20:30h.

Verán: todos os días de 10:00-21:00h.
 

 

 

Horario de visitas guiadas

Todos os días ás 12:30 e 18:00h.

É posible concertar outros horarios para visitas en grupo.

 Tarifas: 3€ entrada xeral, 2,50€ grupos de máis de 15, 1,50€ (de 6 a
16 anos), gratuito para menores de 6.