Corte de auga en Calvo Sotelo para a reparación dunha avaría

Monforte de Lemos, 16 de abril de 2021. O Concello de Monforte informa que se ven de producir unha avaría na rede de subministro de auga no número 76 da rúa Calvo Sotelo. 

Nestes momentos, a avaría está sendo reparada, para o cal procedeuse ó corte da auga dende o número 2 e ata o 110 da citada rúa Calvo Sotelo, e espérase que o servizo poida ser restablecido o antes posible. 

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños da zona e rogamos desculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar.