O Concello de Monforte informa do peche da oficina de atención ó cliente de Aqualia este venres 28 pola festividade da Patroa da Auga

Monforte de Lemos, 26 de maio de 2021. O Concello de Monforte informa que a oficina de atención ó cliente de Aqualia permanecerá pechada este venres 28 de maio pola festividade da Patroa da Auga, Nosa Señora da Luz (celébrase o 1 de xuño, pero o festivo trasládase ó venres 28 de maio).

Dende Aqualia, empresa concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento de augas do Concello de Monforte, indícase que para calquera xestión, consulta ou aviso, o aboado sigue tendo á súa disposición os seguintes teléfonos:

  • Atención ó Cliente: 900 813 357
  • Avarías: 900 813 047
  • Entrega de leituras: 900 813 048

Do mesmo xeito, tamén está dispoñible a oficina virtual na páxina web www.aqualia.es.