O Concello informa do inicio das obras de mellora nos camiños de terra do Parque dos Condes

Monforte de Lemos, 10 de xuño de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na mañá de hoxe deron comezo os traballos para mellorar os camiños de terra do Parque dos Condes.

A actuación consiste nunha mellora sobre os camiños de terra para dotalos cunha nova capa de xabre, motivo polo cal serán levantados e reacondicionados de acordo con esta actuación. Por este motivo, o acceso a ditos camiños, ubicados entre a zona do BBVA e ata o regato, permanecerá cortado mentres duren os traballos de mellora, de garantir a seguridade dos peóns e permitir o traballo das máquinas e dos operarios.

En concreto, as obras que xa se están executando consisten no levantado da superficie dos camiños de terra, na eliminación de herbas, e na reposición cunha nova capa de xabre de 10 cm. de espesor. A superficie total de camiños sobre a que se actuará é de 1.200 metros cadrados.

Prevese que estes traballos de acondicionamento e mellora dos sendeiros de terra do parque duren arredor dunha semana.

Do mesmo xeito, os camiños de pedra de dito parque permanecerán abertos para o tránsito de peóns, debido a que non están afectados por esta obra, polo que os usuarios poderán seguir disfrutando do parque nas zonas que non son obxecto desta mellora.