O Concello informa do apertura do tramo do paseo fluvial que transcorre paralelo á horta do Convento-Asilo de anciáns e ó río Cabe, tras reparar a súa pasarela peonil

Monforte de Lemos, 13 de maio de 2021. O Concello de Monforte informa que dende hoxe xa está aberto o tramo do paseo fluvial que, con entrada pola Rolda María Emilia Casas Baamonde (inicio circunvalación), transcorre paralelo entre a horta do Convento-Asilo de anciáns e o río Cabe, ten saída no Paseo do Malecón, xunto ó transformador.

A apertura desta senda levouse a cabo na mañá de hoxe, unha vez rematados os traballos de reparación da pasarela peonil de madeira de dito paseo, logo de que hai unhas semanas se detectaran certas deficiencias na súa estrutura, que impedían transitar ós viandantes con seguridade pola mesma.

Unha vez levadas a cabo os traballos de mellora na mesma, os veciños e veciñas, así como as persoas que visiten a cidade, xa poden transitar por este paseo e por esta pasarela con total seguridade e comodidade.