O Concello de Monforte ilumina de verde a Torre da Homenaxe este mércores no Día Internacional contra o desperdicio alimentario

Monforte de Lemos, 28 de setembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que mañá mércores día 29 de setembro procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde con motivo do Día internacional de concienciación sobre a perda e o desperdicio de alimentos.

Esta actividade inclúese nos actos da IV Semana contra el desperdicio alimentario, que se celebra dende o 27 de setembro e ata o 3 de outubro. Trátase dunha iniciativa de ámbito nacional, impulsada polas empresas da industria e a distribución alimentaria, e coordinada por AECOC (a Asociación de Empresas del Gran Consumo que reúne a más de 30.000 compañías).

O Concello de Monforte apoia así unha iniciativa que conta co respaldo do Ministerio de Agricultura y Alimentación así como de varias administracións autonómicas e locais.

O obxectivo desta campaña, salienta o Alcalde, é “sensibilizar a todos os axentes económicos e sociais, e en concreto a todos os monfortinos e monfortinas, da importancia de aproveitar os alimentos e evitar que se acaben desperdiciando e se convertan en residuos”.

En concreto, o acto de mañá mércores leva por título Marea verde contra o desperdicio alimentario, e consiste no acendido de verde de edificios emblemáticos para celebrar o Día Internacional da Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos e para facer unha chamada de atención sobre a importancia de aproveitar os alimentos y non derramalos.

Entre outras iniciativas, dende AECOC tamén se organiza, baixo o título “Estrelas contra o Desperdicio”, a preparación e difusión de receitas de aproveitamento recollidas no Libro "Estrellas contra el Desperdicio", no que 30 chefs con Estrela Michelin cederon unha receita para este libro solidario cuxos beneficios son integramente doados á Federación Española de Bancos de Alimentos.