O Concello de Monforte subscribe por primeira vez unha póliza de accidentes para todos os seus empregados

Monforte de Lemos, 1 de decembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ben de asinar o decreto a través do cal dende o Concello se subscribe por primeira con todos os empregados municipais unha póliza de accidentes, que cubrirá as súas continxencias profesionais.

Deste xeito, aínda que o Convenio do Persoal do Concello de Monforte, que foi elaborado e publicado no BOP de Lugo en xaneiro de 2007, recollía no seu artigo 27 o establecemento de dita póliza de accidentes, ““tivo que ser o actual Equipo de Goberno o que dese cumprimento a este aspecto que figura no Convenio do Persoal do Concello de Monforte”, salientou o Alcalde.

O decreto adxudica entón o servicio de seguro de riscos laborais para os traballadores municipais do Concello de Monforte de Lemos, baseado no Acordo Marco da FEMP, a aseguradora Markel Insurance SE Sucursal en España, por un prezo total de 5.779,80 €/año e un prazo de execución de un ano prorrogable por 1 ano máis.

A subscrición deste seguro de riscos laborais protexe a todos os traballadores municipais, fronte ós accidentes que lles ocorran a causa ou con ocasión do traballo e ás enfermidades laborais causadas de xeito directo polo exercicio do seu traballo. Singularmente, o contrato cubre as garantías e capitais seguintes:

  • Falecemento accidente laboral 45.000 €.
  • Invalidez permanente absoluta accidente laboral 45.000 €.
  • Invalidez permanente total accidente laboral 45.000 €.

Esta cobertura ós empregados municipais terá efecto dende o presente mes de decembro de 2021.

 

Mellora da póliza de seguros dos vehículos municipais

O Alcalde tamén aproveitou para anunciar a mellora significativa que o Equipo de Goberno levou a cabo na póliza aseguradora dos vehículos municipais “que ata o de agora contaban cunha cobertura básica, e que con esta nova póliza supón a ampliación das coberturas, incluíndo máis prestacións”.

En concreto, esta nova póliza subscribe os seguintes riscos:

  • Responsabilidade Civil de Suscrición Obrigatoria.
  • Responsabilidade Civil de Subscrición Voluntaria ata 50.000.000€
  • Defensa Xurídica e constitución de fianzas.
  • Reclamación de Danos.
  • Rotura de Lúas e Cristais.
  • Accidentes do Condutor.
  • Asistencia en Viaxe.

Esta póliza foi adxudicada á empresa Bilbao Cia ANMA de seguros y reaseguros por un prezo total de 9.839,39 €/año e un prazo de execución de un ano prorrogable por 1 ano máis. Esta póliza entrará en vigor a partir do un de xaneiro de 2022.