O Concello volve a organizar a Carreira Popular de Monforte, prevista para o 3 de abril

Monforte de Lemos, 20 de xaneiro de 2022. O Concello de Monforte xa ten data para a celebración da Carreira Popular do ano 2022, e tal como ven de anunciar o Alcalde, José Tomé Roca, será o domingo 3 de abril.  

Tratase da edición número XII deste xa tradicional evento, logo de que a pandemia do COVID-19 obrigara a suspender a edición do ano 2020, a una semana da súa celebración, e non permitira a súa organización no ano 2021.

Neste senso, o rexedor monfortino subliñou que “se as circunstancias sanitarias nolo permiten, celebrarémola co obxectivo de ir recuperando a normalidade no calendario de actividades anuais do Concello, despois do parón a consecuencia da pandemia da COVID-19”.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como  percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

Tendo en conta a situación sanitaria actua, o Concello de Monforte deseñerá un protocolo específico ante o coronavirus para que o evento sexa totalmente seguro, tanto para as persoas participantes como para o público asistente, tendo en conta tanto a normativa sanitaria vixente en cada momento, como o protocolo protocolo FISICOVID – DXT GALEGO específico para probas atléticas.

“Nos vindeiros días, dende o Concello iremos informando convenientemente sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos” indicou o Alcalde.