O Concello reordena o estacionamento do Centro de Saúde para mellorar o acceso de usuarios e o estacionamento para persoal médico

Monforte de Lemos, 12 de xullo de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar da reordenación do espazo de estacionamento situado na fachada do Centro de Saúde da cidade, na rúa Doutor Casares, para destinalo por completo a dar servizo de estacionamento ós  usuarios do citado ambulatorio.

En concreto, e coa finalidade de acadar o mellor nivel posible de utilidade e seguridade para os usuarios, o Equipo de Goberno reordenou a zona de estacionamento existente fronte o referido Centro de Saúde de Monforte, facilitar o aparcamento para os servizos de ambulancia, para as persoas con discapacidade e persoal sanitario, recollida e deixada de persoas con mobilidade reducida e tamén servizo de taxis.

O Alcalde sinala que para nós “é prioritario mellorar o acceso de usuarios e pacientes que acoden ó Centro de Saúde, é por elo redeseñamos todo o espazo de estacionamento situado na súa fronte, dotándoo de aparcamentos para vehículos sanitarios, para os profesionais do centro, así como para persoas con mobilidade reducida e dando servizo de transporte en xeral, coa habilitación de dúas prazas para taxis”.

Así, a nova reordenación deste espazo destinado a mellorar os servizos de aparcamento do Centro de Saúde, establece un espazo destinado a ambulancias, cunha lonxitude de 8 metros, a contar a partir da rampa de acceso á beirarrúa existente pola parte sur de dito centro.

A continuación, mantense a praza reservada para usuarios con mobilidade reducida, e seguindo a esta o Concello delimitará un espazo de nova creación destinada a parada de taxis, con dúas prazas. Neste senso, a regulación de este estacionamento era algo prioritario para o Alcalde, de ahí que na ordenanza de taxis, aprobada no Pleno da Corporación el pasado 27 de decembro de 2021, deixara recollido no seu artigo 26, denominado “Paradas”, unha parada “na que os taxis poderán estacionar á espera de pasaxeiros” no Centro de Saúde.

Tras a parada de taxis, ubicaranse dúas prazas reservadas para persoal médico que dispoña de tarxeta de identificación como persoal autorizado. A continuación, no espazo restante que se estima en 10 metros de lonxitude, o Concello establecerá un área de parada que poderá ser utilizada unicamente para a subida e baixada de usuarios do Centro de Saúde, con tempo máximo de parada de vinte minutos para permitir o acompañamento o interior da persoa trasladada por parte do condutor do vehículo e no horario de funcionamento do centro en que se rexistra unha maior afluencia de usuarios, considerando como tal o comprendido entre as 7:00 h. e as 15:00 horas dos días laborables.

“Con esta reordenación”, destaca o Alcalde, melloramos significativamente os problemas de aparcamento que se daban nesta zona, e lles damos solución ofrecendo espazos que facilitan ó acceso ó Centro de Saúde, tanto dos profesionais que traballan nel como os cidadáns que acoden ó mesmo”.

José Tomé tamén informou que que nos vindeiros días, levarase a cabo o pintado e sinalización de todos os estacionamentos sinalados.