O Concello de Monforte proxecta este xoves o filme “Valentina” dentro da súa colaboración co programa “El Camino Creativo”

Monforte de Lemos, 1 de agosto de 2022. O Concello de Monforte colaborará activamente cos emprendedores que participen no programa “El Camino Creativo-Xacobeo 2022 Emprende!”, a segunda edición unha iniciativa impulsada dende a Red de Ciudades y Territorios Creativos de España (RECITCREA) e da que o Concello é membro.

Deste xeito, na edición deste ano o Concello acolleu dúas actividades a principios do mes de xullo, dirixidas especialmente ós emprendedores que están a participar neste Camiño Creativo, que deu comezo o pasado 7 de xullo, e que tamén están abertas a participación da cidadanía en xeral.

Unha destas actividades,  que consistía nunha sesión de Cine Verán ó aire libre, non se puido celebrar o 14 de xullo, debido á unha tormenta. Así, este  xoves 4 xullo a partir das 21:30h terá lugar na praza Campo de San Antonio, a recuperación desta actividade que consiste na proxección da película  VALENTINA, que foi  galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022. A entrada é aberta e gratuíta para  toda a poboación.

En concreto, este cine de verán incluirá o seguinte programa:

21:30 h.- Presentación da película pola súa directora, Chelo Loureiro.

21:45 h.- Proxección do corto “La Chica de la Ventana”, dirixido por Javier Saco e gravado en Monforte, especialmente nos Escolapios, e na Ribeira Sacra.

22:00 h.- Proxección de VALENTINA.

23:10 h.- Coloquio aberto con Chelo Loureiro.