O Concello de Monforte celebra este domingo a Gala Máxica Galega

Monforte de Lemos, 4 de agosto de 2022. O Concello de Monforte acolle este domingo 7 de agosto, dentro da súa programación do Verán Cultural, organizada polo Equipo de Goberno, a Gala Máxica Galega, que terá lugar na Praza de España a partir das 22:30 horas.

Trátase dun espectáculo de maxia dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto que está protagonizado por 4 magos:

-Mago Iago (Monforte de Lemos), de 9 anos e que estuda no Colexio dos Escolapios

-Mago Rafa (Lugo)

-Dani Polo (Melide)

-Pedro Bugarín (A Coruña)

Este evento está organizado e patrocinado polo Concello de Monforte, e conta co apoio do AGADIC  e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Está incluído no ciclo Cultura no Camiño 2022.