O Alcalde supervisa diferentes obras de mellora en vías e infraestruturas de Monforte, que contaron cun investimento de 120.000€

Monforte de Lemos, 20 de agosto de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, supervisou diferentes actuacións de mellora de diversas vías, camiños e infraestruturas urbanas do Concello de Monforte, “postas en marcha polo Equipo de Goberno e que supoñen a continuación do noso programa de melloras que dan  continuidade ó noso obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó noso Concello, en definitiva, ós nosos veciños e veciñas”. Algunhas destas obras xa se levaron a cabo nos últimos días e outras están a ser desenvoltas actualmente polo Concello.

As actuacións comprenden a renovación dun tramo da rúa Veiguiña, na que se construíron, ademais de renovar parte do seu firme, novas beirarrúas, da rúa Marcial de Valladares, da rúa Frai Martín Sarmiento, do Camiño das Bestas e a Travesía de Cobas, que tamén veron renovado o seu firme.  Ademais, a rúa Frai Martín Sarmiento foi dotada do servizo de auga e saneamento.

O Concello tamén acometeu a ampliación do estacionamento do Parque de Cobas, dotándoo de 13 prazas máis de aparcamento para turismos, que engadidas ás 15 prazas xa existentes, suporán un total de 28 prazas.

A suma dos investimentos destinados a estes proxectos supoñen unha inversión de case 120.000 euros.

“Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue levando a cabo obras para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai case 7 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.

 

Mellora dun tramo da rúa Veiguiña


Visita do Alcalde ás obras de mellora na rúa Veiguiña

Hai uns meses, cando o Alcalde dera a coñecer o proxecto de mellora na rúa Veiguiña, explicara  que xunto á Administración de Facenda, había unha grúa que levaba moitos anos, sobre unha base grande de formigón que ocupaba unha zona grande da calzada, a cal o Concello obrigou ó dono a retirala. Tamén, a rúa Veiguiña no seu tramo central tiña ata fai uns meses dúas edificacións que estaban dentro da aliñación oficial, ocupando parte da calzada e da beirarrúa. Logo de facer xestións coa propietaria, que procedeu á demolición de ambas edificacións e ó retranqueo da pechadura das parcelas á alineación oficial, existía un tramo da rúa Veiguiña sen pavimentar, que é o que agora o Concello incorporou á vía pública con esta obra de mellora.

Do mesmo xeito, o Concello realizou as obras de acondicionamento das beirarrúas nese tramo, completando así unha zona que non tiña beirarrúa, e que ten unha lonxitude aproximada de 75 metros. Para iso, realizáronse a demolición das beirarrúas existentes nese tramo e posteriormente construíronse unhas novas coas mesmas anchuras e características que o resto da rúa (bordiño de formigón e baldosa hidráulica).

Tamén se colocaron dous sumidoiros nas zonas baixas e desprazáronse outros dous para adaptalos aos novos anchos de beirarrúas.

Ubicouse nesta zona da rúa Veiguiña un poste e luminaria na esquina coa rúa Ferrol, onde xa existía a cimentación e a arqueta correspondente. Tamén se cambiaron algunhas tapas de arquetas que eran de baldosas de cemento por tapas de fundición.

Unha vez terminadas esas actuacións procedeuse ó fresado do firme para a nova colocación dunha capa de aglomerado en quente neste tramo de 5 cm. de espesor, entre o edificio de Facenda e incluída a praza da que sae a rúa Ferrol. Para rematar, pintaranse as marcas viais, símbolos e cebreados correspondentes, nos vindeiros días.

 

Actuacións de mellora en Camiño das Bestas, na rúa Marcial de Valladares, na rúa Frai Martín Sarmiento e na Travesía de Cobas

No Camiño das Bestas o Concello actúase sobre unha lonxitude total de 640 metros; na rúa Marcial de Valladares en  115 metros, en Frai Martín Sarmiento, a mellora foi sobre 75 metros lineais, e en Travesía de Cobas, sobre 138 metros.

En total, a actuación, nestas 4 rúas, abarca un total de 968 metros de lonxitude.

No Camiño das Bestas, que era de terra, levarase a cabo nos vindeiros días a mellora do seu firme a través dun triple rego asfáltico.

Na rúa Marcial de Valladares, que se ubica na Ronda Urbana, entre a rotonda do Hórreo e a rotonda da rúa Ourense, na súa marxe dereita, e que contaba con riego, farase nos vindeiros días unha rexeneración do seu firme a través de doble riego asfáltico.

A rúa Frei Martín Sarmiento, na marxe dereita con Poeta Noriega Varela, foi dotada dos servizos de auga e saneamento, procedendo así a urbanizar esta vía. Ademais as obras tamén supuxeron a renovación do seu firme con aglomerado en quente de 4 cm de espesor.

Finalmente, na Travesía de Cobas, a actuación consistiu na rexeneración do seu firme, a través de aglomerado en quente de 4 cm de espesor. Nesta vía queda por levar a cabo o pintado das correspondentes sinais viarias horizontais, que se levará a cabo nos vindeiros días.

 

Ampliación do estacionamento do Parque de Cobas

Dentro do proxecto de ampliación e mellora que o Equipo de Goberno está a levar a cabo na zona do Parque de Cobas, proxecto que o Alcalde deu a coñecer no mes de xullo, xa se levou a cabo nestes días a ampliación da vía de acceso á area recreativa, e tamén se levou a cabo a ampliación proxectada do aparcadoiro existente, dotándoo de 13 prazas máis de aparcamento para turismos, a través do correspondente asfaltado, que se engadirán ás 15 prazas xa existentes, polo que o novo aparcadoiro resultante conta cun total de 28 prazas.

Para rematar esta ampliación do aparcamento do Parque de Cobas, pintaranse as marcas viais e símbolos correspondentes nos vindeiros días.

 

O Alcalde subliña que “en próximas datas, iremos dando a coñecer outros proxectos importantes para seguir mellorando a nosa cidade e tamén o conxunto do Concello. Continuamos así co desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non olvidamos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.