O Concello amplía a 18 o número de colectores para a recollida de roupa usada en Monforte

Monforte de Lemos, 3 de decembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que o Concello ven de instalar, durante esta semana, 6 novos colectores para a recollida de roupa usada na cidade.

Estes novos colectores engádense ós 12 xa instalados en 2020, cando o Concello autorizou dita instalación e xestión á empresa Texlimca S.A. Son colectores destinados á recollida de roupa usada, calzado e restos de produtos téxtiles, definidos na Lista Europea de Residuos (Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro).

Deste xeito, ó longo desta semana instalouse un colector para roupa usada en cada unha destas ubicacións:

  • Rúa San Lázaro.
  • Rúa Escultor Francisco Moure.
  • Rúa Chantada.
  • Rúa Corredoira.
  • Rúa San Pedro.
  • Rúa Ourense

Estes 6 novos colectores téxtiles engádense ós 12 xa colocados en diferentes puntos estratéxicos da cidade, que son:

  • Campo San Antonio.
  • Rúa Chantada.
  • Avenida de Galicia.
  • Rúa Estrella.
  • Paseo do Malecón.
  • Praza da Estación.
  • Paseo de Lugo.
  • Estacionamento do Parque dos Condes.
  • Rúa Ourense.
  • Rúa Morín.
  • Rúa Corredoira.
  • A Florida.

O Equipo de Goberno do Concello, vista a necesidade de contar con máis puntos de recollida, decidiu ampliar o número de colectores de 12, que eran os que se determinaron co establecemento do novo contrato de xestión en 2020, a 18 unidades neste ano 2022.

Características dos colectores para a recollida de roupa usada

Os colectores instalados son metálicos e están deseñados especificamente para a recollida téxtil, cun volume útil aproxomado de 2,7 m3. Son ademais colectores adaptados coa boca de entrada na parte posterior para facilitar o depósito da roupa ó cidadán, que poderá acceder ó colector dende a mesma beirarrúa para non ter que bordear o colector pola calzada.

En concreto, son colectores en ferro galvanizado inoxidable dunha sola lama e estrutura ignífuga, con medidas anti-valdálicas. A pintura exterior e os adhesivos de personalización, que incluirán o escudo do Concello de Monforte, están protexidos con barniz antigrafitti.

O mantemento dos colectores, así como da zona de uso público adxacente o colector, son responsabilidade da empresa adxudicataria.