O Alcalde informa da activación en Monforte, nos próximos días, da rede móbil de nova xeración 4G e 5G

Monforte de Lemos, 10 de xaneiro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que os operadores de telefonía móbil anunciaron que durante as próximas semanas levarán a cabo en Monforte o proceso de activación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, “que permitirá ós habitantes de Monforte disfrutar de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e cunha maior área xeográfica”.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), "Llega700" é a entidade constituída polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Neste senso, José Tomé tamén informa que “se os veciños detectan algún tipo de problema na visualización das canles de TDT, lémbralles que poden contactar coa empresa responsable da instalación do servizo, durante os próximos 6 meses, a través do correo electrónico: ayuda@llega700.es ou do teléfono gratuíto 900 833 999”.

O despregue enmárcase no disposto no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, do que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles UHF 49 a 60) que ata entón se utilizaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, un proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas ós operadores de telefonía móbil para que prestasen os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

 

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

A nova rede móbil abriu a porta a servizos e aplicacións innovadoras, ademais de achegar importantes melloras tanto na velocidade de descarga como na transmisión de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais en alta definición) ou aproveitar ó máximo as aplicacións en liña, como videoxogos.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados coa orografía complicada presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda é a gran penetración nas zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos no ámbito empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais móbiles con alto contido multimedia ou o uso de vídeo chamadas, entre outros.

Ademais, a maior cobertura acadada polo despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior dos edificios e será a banda que permita estender o servizo de forma xeograficamente eficiente..

 

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT

“Llega700” é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da difusión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 pon a disposición dos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen un trámite corrector tras a activación das estacións, para o que esta entidade será a encargada de atender aos usuarios afectados, xestionando e resolvendo os posibles efectos sen ningún custo.

Segundo a Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.