O XXX Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte contará coa estrea de 5 obras.

Monforte de Lemos, 14 de abril de 2023. O XXX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, contará coa participación de 5 centros.

Deste xeito, no Certame representaranse 5 obras de teatro, do 25 de abril ao 3 de maio de 2023. Todas as pezas escenificaranse ás 8 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, tal e como ven sendo habitual.  

                                                                                                

Participantes no XXX Certame Municipal de Teatro

  • Colexio P. Ferroviario, coa obra “Máxico mundo de Oz”, que se representará o martes 25 abril de 2023.
  • CEIP A Gándara, coa obra “Acabouse a función”, o xoves 27 de abril de 2023.
  • IES Río Cabe, coa obra “Auga”, o venres 28 de abril de 2023.
  • CEIP de Monforte, coa obra “O mundo ó revés”, o martes 2 de maio de 2023.
  • IES A Pinguela, coa obra “Ser máis relaxada”, o mércores 3 de maio de 2023.

 

Colaboración do Concello de Monforte co Certame

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros.

Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 10 de maio ás 18:00 h.