Este xoves nova cita co teatro na cidade de Monforte no Edificio Multiusos do Concello

- Este xoves 20 de abril ás 20:15 h e no Edificio Multiusos, terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2023 en Monforte de Lemos.

- A compañía CULTURACTIVA poñerá en escena a obra CONEXIÓN PINGUÍN, unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos.

-As entradas costarán 5 € para o público xeral, e 3 € para nenos, estudantes, desempregados e xubilados e poderanse adquirir na taquilla do Edificio Multiusos.

-Ibuprofeno Teatro, Fulano, Mengano e Citano, Olivas negras, Culturactiva, Redrum Teatro e Baobad Teatro, son as compañías galegas que presentan os seus espectáculos da man do Concello de Monforte.

Monforte de Lemos, 18 de abril de 2023. O Concello de Monforte, retoma este xoves, dia 20 ás 20:15 no Edificio Multiusos a programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2023 en Monforte de Lemos.

A carteleira está conformada por un total de 6 postas en escena destinadas na súa maioría ó público adulto, con todo, tamén se ten en conta ó público infantil que terá a súa propia oferta cultural.

Función do 20 de abril.

CONEXIÓN PINGÍN é unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación era era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móviles de última xeración, pinguís no horizonte, mamá non se entera, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPs, ...

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos tódolos días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na super era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, pero nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.

Programación do primeiro semestre

A programación do primeiro semestre deste ano 2023, completarase con outras dúas obras que se irán representando nos próximos meses.

O 4 de maio, a compañía Redrum teatro pechará o ciclo de representación para adultos do primeiro semestre do ano, coa obra Un home con lentes de pasta, comedia negra que versa sobre as relacións humanas.

Non debemos esquecernos do público infantil, que terá o 7 de maio unha representación específica para eles, titulada O lobo e a lúa a cargo da compañía Baobab Teatro, unha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor, pensada para público familiar a partir de 3 anos.

Todas as obras mencionadas poñeranse en escena no Edificio Multiusos do Concello de Monforte, en horario de tarde, ás 20:15 h agás a representación do 7 de maio para público infantil que terá lugar ás 18:00 h.  A entrada xeral será dun importe de 5 € pero tamén haberá entradas bonificadas para nenos, estudantes, desempregados e xubilados a un importe de 3 €.