O Alcalde informa da licitación do contrato de obras de execución do proxecto de supresión dos pasos a nivel de Rio Seco e Juan Montes

Monforte de Lemos, 26 de maio de 2023.  O Alcalde convocou hoxe pola maña aos medios de comunicación, para informar da recepción por rexistro no día de onte, día 25 de maio, ás 10:46 h da mañá, dunha comunicación de ADIF na que se informa da licitación do contrato de execución do proxecto de supresión dos pasos a nivel de Rio Seco e Juan Montes.

Tal e como explicou o rexedor, “fai varios anos que se están a facer xestións para suprimir os pasos a nivel citados e como consecuencia, urbanizar toda a zona que vai dende o Restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, cambiando totalmente o aspecto físico desa Zona dos Barrios da Estación,  Morín e Rioseco. As xestións comezaron no ano 2018, aceptando ADIF a solución proposta en outubro do ano 2019”.

Inicialmente estaba previsto que se licitara no ano 2022 pero debido ó incremento de prezos dos materiais despois da Pandemia, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos con un incremento aproximado dos mesmos, dun 20%.

A previsión do custe destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 €, que, unha vez revisados nese 20% aproximado, agora ascende a 8.273.522,43 €, o que supón unha inversión moi importante que vai a supoñer dinamizar toda esa zona.

Na comunicación que entrou por rexistro, o Subdirector General de Pasos a Nivel de ADIF, anuncia a publicación do anuncio de licitación de contrato de execución deste proxecto na línea León-Coruña, no termo de Monforte de Lemos, cun prazo de execución previsto de 16 meses, o que supón que en ano e medio dende o comezo das obras, entrarán en servizo os viais e quedarán cortados os actuais pasos a nivel.

Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un Paso inferior, unha rotonda e unha Ponte que poñerán en valor a zona afectada. As novas rúas pasarán a ser de titularidade municipal, sendo incluídas no inventario de bens do Concello.

Dende o Concello queren mostrar o seu agradecemento aos responsables de ADIF pola sensibilidade mostrada a esta solicitude, xa que é unha obra de moito calado e que contribúe á seguridade de vehículos e persoas.