O Alcalde de Monforte preside os actos na honra de San Antonio

Monforte de Lemos, 13 de xuño de 2023. Hoxe festéxase o día grande das Festas de San Antonio e como é tradición, volvéronse a celebrar os actos das honras ao santo, sendo día festivo en Monforte.

Desta forma, a comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros do Equipo de Goberno, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 12.30 horas, á misa na honra de san Antonio.

Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición,  tivo lugar unha procesión coa imaxe polas rúas próximas á igrexa na que os devotos lanzaron pétalos de rosas á imaxen do Santo. A continuación procedeuse á degustación dun viño da Ribeira Sacra e un aperitivo organizado pola comisión de Festas e xa sólo quedaba mercar as roscas benditas.

“O San Antonio, que é festivo local no noso Concello xunto co Martes de Pascua, é unha festa que, celebrándose no centro da cidade, no barrio de San Antonio, mantén a esencia dunha festa relixiosa popular que ten moita devoción e moitos participantes. Eu consideroas, como digo sempre, despois das de agosto como as segundas Festas Patronais da cidade ”, manifestou o rexedor monfortino.

“Hai que ter en conta que o día 13 é festivo local e ademáis están ubicadas no centro da cidade e esto, posibilita a participación de todos os veciños de Monforte e tamén dos que nos visitan de fora da cidade. Vimos de pasar momentos difíciles, e a pesar de recuperar a normalidade xa hai uns meses, creo que todos temos ganas de compartir momentos de alegría coa familia e os amigos, de poder divertirnos todos xuntos, e este tipo de eventos propician moito que o podamos facer”

“A cidade de Monforte creo que se está a volcar con tódolos actos e celebracións que se están a organizar despois de recuperada a normalidade, tal e como podemos apreciar na afluencia de público que hai normalmente nas actividades que se organizan na cidade e esta é a mellor noticia que podemos dar. Tras celebrar en febreiro o San Brais, e en abril a Feira Medieval e o Martes de Pascua, agora tocounos festexar o San Antonio como se merecía”.