O Alcalde tranquiliza aos veciños e informa que a auga do Río Cabe está en perfecto estado e que Katy Varela minte

Dende O Concello de Monforte queremos comunicarlle a todos os veciños e veciñas da cidade que as manifestacións feitas por Doña Katy Varela, Concelleira do Partido Popular deste Concello, nunha nota de prensa mandada aos medios de comunicación este mércores día 2 de agosto, acerca dun hipotético vertido na zona dos baños de Vilanova, son absolutamente falsas.

No día de onte e unha vez o Concello tivo coñecemento polos medios de comunicación das acusacións tan graves e falsas, vertidas pola concelleira do Partido Popular Katy Varela, inicia un procedemento de investigación e diagnóstico das augas no lugar referido pola Sra. Katy para verificar a realidade da situación que denuncia.

Unha vez feitas as comprobacións pertinentes por parte da Consellería de Medio Ambiente, e baseándonos nos informes remitidos ao Concello, púidose comprobar que non existen tales vertidos senón unha acumulación de espuma que é un fenómeno natural que se produce en ocasións pola presenza de residuos orgánicos e a batida da auga e que se repite todos os anos en todos os cauces fluviais.

Este fenómeno é relativamente habitual en zonas de remanso e nas orillas dos rios e en absoluto se poden confundir cun vertido.

Resulta moi grave dirixirse aos medios de comunicación alertando da perigosidade para a seguridade dos veciños, baseándose nunha sospeita ou na rumoroloxía de persoas que non teñen coñecementos suficientes para diferenciar un vertido dun fenómeno natural. Ó mesmo tempo, cando estas accións están protagonizadas por un membro da Corporación Municipal son cando menos, unha grave irresponsabilidade, xa que están a crear inseguridade na veciñanza alentando ademais un estado de alarma social e crispación na opinión pública, que resulta reprochable.

O procedemento desexado e responsable sería, en todo caso, poñer en coñecemento do Concello, da Consellería de Medio Ambiente ou da Confederación Hidrográfica dos feitos que describen na nota de prensa, para que se puidera proceder de forma inmediata ao análise da espuma e facer un diagnóstico científico da súa natureza, e de ser o caso, da súa clasificación como nocivo, e proceder de forma conveniente, con respecto á protección dos cidadáns.

A señora Katy Varela, parece que soamente estaba preocupada por sacar nos medios de comunicación unha nota difamatoria e non se preocupou por alertar da suposta perigosidade da espuma do río seguindo os cauces reglamentarios para protexer aos veciños, a pesar de atreverse a afirmar na información que mandou aos medios que “podía danar seriamente ao medio ambiente e a seguridade dos monfortinos”.

Por este motivo, atrevémonos a afirmar, que esta falsidade, se utilizou premeditadamente para desacreditar ao Equipo de Goberno actual e desprestixiar o Proxecto da Praia Fluvial que o Alcalde vai a levar a cabo, dando resposta a unha reivindicación dos veciños de Monforte  dende fai moitos anos. Nesta nota de prensa, ademais, a Sr Katy tamén se atreve a mentir descaradamente afirmando pasividade do Alcalde por solucionar os problemas de saneamento de Monforte, cando o Sr Tomé, foi o único que se preocupou por solucionar esta problemática herdada dende moitos anos atrás, como demostran as inversión millonarias feitas estes últimos anos, e na que ningún outro Alcalde quixo tomar medidas.

En lugar de levantar calumnias, a Sra Katy, debería preocuparse pola subida de casi un 50% do canon da auga que impuxo a Xunta de Galicia e que se está repercutindo nos recibos dos veciños e veciñas de Monforte. Tamén debería preocuparse de que a Xunta de Galicia revirta  ao Concello de Monforte as cantidades anuales que ingresamos nas súas contas en concepto de canon da auga e que servirían para solventar parte dos problemas que tanto denuncia. Sería tamén a súa obrigación como Deputada nombrada recentemente, esixir á Xunta de Galicia a colaboración co Concello para solventar os problemas de saneamento e abastecemento tal e como fai nos Concellos da cor política do Partido Popular. A impresión que sacamos desta falta de colaboración, é que non quere que o Alcalde e o Equipo de Goberno sigan a mellorar e traballar por Monforte.

Queremos solidarizarnos cos veciños que foron utilizados por parte de Dona Katy Varela para calumniar ao Equipo de Goberno e ao Alcalde, xa que supoñemos que o aviso que deron, foi con miras de solventar o problema que erroneamente, supoñían que había; pero tamén queremos aproveitar que vistas as artimañas utilizadas polo Partido Popular de Monforte, en futuras ocasións, e sempre que teñan dúbidas, se dirixan ao Concello, xa que ademais de ser o cauce reglamentario, supón a única garantía, vista a actuación de Dona Katy Varela, de garantir que se tomarán as medidas oportunas e necesarias para protexer aos veciños e veciñas de Monforte, si estivese en risco a súa saúde.

Por todos estes motivos, queremos primeiro, tranquilizar á veciñanza e comunicarlles a posibilidade de bañarse na zona de Vilanova coa seguridade absoluta de que as augas non son nocivas, dados os resultados das inspeccións feitas in situ e dos informes remitidos pola Concellería de Medio Ambiente e queremos tamén amosar a nosa repulsa pola utilización de métodos inaceptables eticamente falando, por parte do Partido Popular de Monforte a través da súa portavoz, Dona Katy Varela, para atacar ao Equipo de Goberno utilizando calumnias sen o mais mínimo pudor .

Isto soamente demostra que resulta incompetente para o cargo que ostenta, e que utiliza a mentira como fai o Sr Feijoo co único fin de acadar un protagonismo que non lle deron os veciños.