O Alcalde de Monforte e o presidente do Consejo Superior de Deportes inauguran as obras de reforma do Pavillón da Pinguela, “único en Galicia”

Monforte de Lemos, 18 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Secretario de Estado para el Deporte e Presidente do Consello Superior de Deportes, Víctor Francos Díaz, inauguraron na tarde de hoxe as obras de mellora do Pavillón Polideportivo municipal de A Pinguela.

O Alcalde salientou que “hoxe é un día moi importante para a historia de Monforte porque hoxe inauguramos un pavillón polideportivo único en Galicia na súa categoría”.

No acto inaugural, ambos mandatarios estiveron acompañados polo Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, os concelleiros Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, e de Deportes, José Manuel Mougán, de de Sanidade, Drogodependencias,Tráfico e Mobilidade, Pilar Espinosa, de Consumo, Regina López, e de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, así como medios de comunicación, os responsables da UTE que desenvolveu as obras de mellora, e representantes de diversos clubs deportivos e asociacións que son usuarios habituais desta instalación deportiva.

Na intervención institucional, que tivo lugar a pé de pista do pavillón, o rexedor monfortino subliñou que “estas obras que supoñen unha reforma integral desta instalación deportiva, dotan dende hoxe a Monforte dun pavillón polideportivo, seguro, moderno, amplo e que vai a dar resposta ás necesidades da cidade en materia deportiva”.

O pavillón dará servizo e resposta ás necesidades dos máis de 40 clubs e asociacións deportivas coas que conta o municipio, poñendo así a disposición dos  veciños e veciñas de Monforte unhas instalacións deportivas modernas, seguras e en estado óptimo de utilización. En definitiva, dende o Concello o Equipo de Goberno segue mellorando a calidade de vida dos monfortinos e das monfortinas.

O Presidente do CSD, destacou “que hay muchas ciudades en España que querrían tener este pabellón, que es fruto de la constancia y del trabajo de este alcalde, que también tuvo el mérito de buscar la financiación y buscar una empresa competente para desenvolver el proyecto en poco más de cuatro meses”.

Francos defendeu a importancia do remodelado pavillón “como espacio para la igualdad y la defensa de los valores sociales y deportivos, un espacio que es de los clubs, de los ciudadanos y de los deportistas, y a través del cual podrán desarrollar una vida saludable”.

O presidente do CSD tamén manifestou “que esta no será la última colaboración del CSD con el concello de Monforte” y anunciou, que tras conversas mantidas co Alcalde, “vamos a empezar a trabajar en nuevos proyectos y abrir nuevos caminos pata mejorar otros espacios deportivos en esta ciudad”.

Por iso, José Tomé amosou o seu agradecemento tanto ó anterior presidente do CSD, José Manuel Franco, que iniciou o proceso para acadar o financiamento solicitado polo Alcalde para levar a cabo esta reforma, como tamén ó actual presidente do CSD, “que foi sensible ó proxecto e propiciou a súa consecución”.

Mellora integral do Pavillón da Pinguela

A adxudicación desta importante obra fíxose por un importe de 3.708.051,62€, o que supuxo un baixa do 3,10% (118.627,03€)  con respecto ó presuposto base de licitación. Foi adxudicada no mes de marzo á UTE Construcciones Castro Figueiró S.L.U.-Xestión Ambiental de Contratas S.L.

A financiación da obra foi compartida polo Consello Superior de Deportes, que aportou o 53,52% do orzamento (1.984.462,24€) e o Concello de Monforte que aportou o 46,48% restante (1.723.589,38€).

A financiación a cargo do Consello Superior de Deportes para a obra do Pavillón da Pinguela, acadouse grazas ás xestións feitas polo Alcalde e que deron como resultado que Monforte fora escollido como un dos 55 proxectos, entre 238 entidades solicitantes, que acadaron unha subvención destas características.

Neste senso, un dos aspectos polos que máis puntuación se concedía na valoración dos proxectos presentados era a eficiencia enerxética que se conseguiría unha vez realizadas as obras. No caso das obras de reforma do Pavillón da Pinguela supoñen unha mellora na eficiencia enerxética do edificio que permite pasar dunha cualificación enerxética E a una cualificación enerxética B, en canto a consumo de enerxía primaria non renovable, e dunha cualificación enerxética F a unha cualificación enerxética A, en canto a emisións de CO2.

As obras de reforma do Pavillón da Pinguela desenvolvéronse en tempo récord, pois deron comezo o pasado 2 de maio, e foron terminadas en tempo e forma o pasado 30 de setembro “motivo polo cal debemos sentirnos orgullosos e tamén recoñecer a eficacia da empresa adxudicataria”, destacou o Alcalde.

As obras leváronse a cabo sobre unha superficie total de actuación de 3.728,23 m2 e, logo da reforma, dunha superficie útil resultante de 3.447.72 m2.

O novo pavillón conta dende hoxe cunha imaxe actual e moderna, na que se reordenan os espazos que permitiron crear un novo ximnasio de 131m2, situado a carón do vestíbulo, e un noco almacén na planta baixa, así como aumentar a zona destinada a despachos en 85 m2.

Na planta superior a instalación conta con gradas por todo o arredor da pista deportiva, para o que se ampliou a grada actual e se construíron novas gradas no lado oeste e nas dúas cabeceiras, norte sur. Isto permite pasar dun aforo de 465 persoas, da antiga instalación, a 1.198 localidades, o que posibilitará a organización de competicións de máis alto nivel.

O resto de espazos, pista deportiva, vestíbulo, vestiarios, oficinas para clubs e aseos, son totalmente novos.

O exterior do edificio tamén luce unha nova imaxe, xa que se urbanizaron un total de 1.400 m2 arredor do pavillón humanizando así todo o perímetro da instalación.

A apertura do pavillón a actividades deportivas está prevista en vindeiras datas, unha vez se ultime dende a Concellería de Deportes o calendario de actividades cos diferentes clubes e asociacións deportivas.

“Estou seguro que o Pavillón Polideportivo de A Pinguela dará resposta ás necesidades dos clubs que o usan habitualmente. É unha instalación modélica que creo que estará por moitos anos ó servizo da xente do deporte de Monforte”, concluíu o Alcalde.

Posta en valor dos investimentos do CSD en Monforte

Ademais da obra de mellora do pavillón da Pinguela,  en valor outras inversións canalizadas recentemente polo CSD como as destinadas á renovación e mellora dos terreos de xogo dos Campos de fútbol dos estadios Luis Bodegas e do Calasancio, na que o CSD aportou 550.990 €.

Entre as axudas do CDS e os investimentos aportados polo Concello nos últimos anos, supéranse os 4,5 millóns de euros en melloras de instalacións deportivas. Ás xa mencionadas, engádense a renovación do terreo de xogo e da iluminación do Campo municipal de fútbol de A Pinguela, a renovación da pista polideportiva do Parque de A Compañía, a mellora da eficiencia enerxética do campo Luis Bodegas e a instalación de diversos videomarcadores deportivos de última xeración.