A Tenente Alcalde de Monforte, acude en representación do Concello, ó XVI Torneo Val de Lemos de Ximnasia Rítmica

Monforte de Lemos, 3 de maio de 2025.  A Tenente Alcalde de Monforte, Gloria Prada, acudiu en representación do Concello de Monforte, este xoves día 1 ao pavillon municipal de A Pinguela, para facer entrega dos premios conseguidos polas gañadoras do XVI Torneo Val de Lemos de Ximnasia Rítmica, organizado polo Club Quicela.

Gloria Prada que asistiu en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé, que por motivos de axenda, este ano non puido participar no acto, estivo acompañada na entrega de premios, pola subcampeona olímpica en París 2024, Boryana Kaleyn e por representantes da entidade organizadora.

A ximnasta impartiu unha Masterclass na mesma xornada do día 1, pola tarde, ás 60 inscritas que puideron participar desta iniciativa, que puxo en marcha o Club Quicela, como é habitual,  dende que organiza o torneo. Na Masterclass participaron ximnastas procedentes de distintos puntos de Galicia e tamén da Comunidade de Castilla e León, de Ávila, León e Ponferrada.

Na competición, interviron un total de 593 ximnastas inscritas, que viñeron a Monforte procedentes de diversos puntos xeográficos da comunidade e que competiron durante toda a mañá do xoves día 1. Xa pola tarde, trala realización da Masterclass, Gloria Prada, fíxolle entrega a Boryana Kaleyn dun obsequio otorgado polo Concello, en lembranza da súa estancia e participación nas actividades do Torneo celebrado na capital da Ribeira Sacra e organizado polo Club Quicela.

A Tenente Alcalde felicitou a todos os deportistas que participaron na competición polo esforzo feito, que é froito do traballo diario que fan, e quíxolles transmitir en nome do Alcalde, especialmente ás ximnastas da Cidade de Monforte, o orgullo que supón para a nosa cidade ter deportistas nesta modalidade, como noutras igual de importantes, que consiguen poñer o nome da Cidade, no mais alto do panorama deportivo nacional.