
Monforte de Lemos, 3 de maio de 2025. A Tenente Alcalde de Monforte de Lemos, Gloria Prada, participou na maña de onte da inauguración da VIII edición de Expocidades que este ano, se celebra en Sarria. Gloria Prada, acudiu en representación do Concello de Monforte ante a imposibilidade de asistencia do Alcalde, José Tomé, por motivos de axenda ineludibles.
A feira Expocidades que estará aberta durante todo o fin de semana, promociona un turismo de excelencia invitando a descubrir a riqueza patrimonial, paisaxística e gastronómica dunha vintena de localidades de Galicia e do norte de Portugal.
Este evento, considerado polos membros do Eixo Atlántico como un dos de mais tradición e dos mais significativos, quere poñer en valor o turismo como unha das industrias mais importantes que temos, apoiando os produtos agroalimentarios e promocionando o patrimonio, natureza, etnoloxía e gastronomía dos 28 concellos e entidades de Galicia e do norte de Portugal, que participan nesta cita.
Á inauguración do acto acudiron o Presidente e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico así como representantes dos diferentes concellos que participan na exposición e representantes doutras institucións como a deputada Pilar García Porto, que acudiu en representación da Deputación Provincial de Lugo.
A Tenente Alcalde, Gloria Prada, asistiu en representación do Concello de Monforte, que participa no evento con un stand propio e manifestou a importancia desta iniciativa que promociona un turismo de proximidade entre Galicia e Portugal e que serve para dar a coñecer as excelencias tanto gastronómicas como patrimoniais, das cidades participantes.
Tal e como manifestou Gloria Prada, o turismo é un motor económico moi importante para as entidades que participan en Expocidades e esta iniciativa contribúe a darlle un impulso mais á promoción da riqueza que ofrece cada un dos Concellos presentes na mostra, poñendo en valor a singularidade de cada un deles.
A Tenente Alcalde anima a todo o mundo a visitar este fin de semana a VIII mostra de Expocidades na Praza da Vila de Sarria e a desfrutar tanto dos produtos que ofrece cada un dos stands participantes, como do resto de actividades organizadas polo concello como son as visitas guiadas, cata de viños, concertos, exposicións e talleres.
Gloria Prada quixo invitar a todos os asistentes á Mostra, a achegarse ó Stand que Monforte ten na exposición, para coñecer mais de preto toda a oferta cultural, patrimonial e gastronómica que ofrece a capital da Ribeira Sacra.