O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Maio 2025

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Maio 2025

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

FACTORES DE RISCO NA ADOLESCENCIA

A adolescencia é quizais o máis crítico dos períodos do ciclo vital. Representa un momento crucial de transición que desata notables cambios físicos, psicolóxicos e sociais. Moitas veces, estes cambios son difíciles de aceptar ou de comprender para os mozos que están a atravesar esta etapa. A todo iso, hai que sumar o feito de que os adolescentes teñen un instinto natural para experimentar cousas novas durante o seu camiño á idade adulta. Por iso, case ningún mozo está exento de escapar aos chamados «factores de risco na adolescencia».

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

 Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

 

Para máis información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación – 17    Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail: uad@concellodemonforte.com