Monforte de Lemos, 8 de maio de 2025. Dende o Concello de Monforte, queremos informar a todos os veciños dun corte de tráfico de vehículos no acceso á rúa Ramón Otero Pedrayo o venres, día 9 de maio dende as 8:00 h ata as 15:00 h.
A actuación está motivada pola necesidade de realización de traballos de reposición do firme nesta zona, trala reparación da rede de abastecemento realizada o pasado 29 de abril, polo servicio municipal de abastecemento e saneamento de auga, Aqualia, tras proceder á reparación da chave existente na entrada da rúa Ramón Otero Pedrayo dende a rúa Conde.
Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.