Gloria Prada acompañou, en representación do Alcalde de Monforte, á Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, na súa visita oficial ó CEE Infanta Elena.

Monforte de Lemos, 13 de maio de 2025.  A Tenente Alcalde, Gloria Prada, acompañou á Conselleira de Medio Ambiente e cambio climático, Ángeles Vázquez, na visita oficial que fixeron esta mañá ó CEE Infanta Elena, dentro do programa de educación ambiental MeteoEscolas, que está a desenvolver a Xunta.

Gloria Prada, que acudiu en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé, que por motivos de traballo, non se atopaba en Monforte, quixo saudar e dar a benvida á cidade á Conselleira, Ángeles Vázquez, que visitou o Centro de Educación Especial Infanta Elena, para participar nun obradoiro de reciclaxe no que os alumnos puideron comprobar o proceso de transformación de residuos plásticos en novos obxectos de utilidade.

As autoridades, que puideron comprobar o entusiasmo dos rapaces, ante a clase práctica que recibiron, quixeron facer unha foto cos alumnos para que poidan lembrar a importancia do consumo moderado, da reciclaxe dos produtos que consumimos e unha utilización  racional da auga.

Ó remate da visita Gloria Prada quixo poñer en valor todas as iniciativas que redunden na necesidade de coidar o Medio Ambiente, e na necesidade de educar ós mais novos para que aprendan hábitos de consumo que axuden a coidar o noso Planeta, tamén quixo agradecer a visita da Conselleira a Monforte e a posibilidade de participar neste obradoiro no que puideron comprobar,  como desfrutaron os rapaces da experiencia de aprendizaxe.