
Monforte de Lemos, 15 de maio de 2025. A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, acudiu esta mañá á Deputación de Lugo, en representación do Concello para asistir á presentación dunha nova edición do Coñece o románico da provincia de Lugo. O Presidente da Institución Provincial, José Tomé Roca, deu a coñecer o desenvolvemento desta nova edición de itinerarios culturais, explicando que haberá 16 rutas que pasan por 18 concellos da provincia e que se poderán desfrutar os días 30 e 31 de maio e 1, 7 e 8 de xuño, previa inscrición na páxina web da Deputación Provincial.
Tal e como manifestou o Presidente da Deputación, estas rutas do románico “forman parte dunha estratexia máis ampla que vimos promovendo: un modelo de turismo de proximidade, sostible, de calidade, que aposta pola desestacionalización, por pequenos grupos, sen masificacións, e que deixa valor real no territorio en termos económicos e de emprego”. Un turismo, engadiu, que axuda tamén a fixar poboación, especialmente no rural.
Gloria Prada, manifestou a importancia desta iniciativa da Deputación Provincial, que tal e como manifestou o Presidente, aposta por un modelo de turismo de proximidade, en pequenos grupos e sen masificacións.
A Tenente Alcalde, como representante da Capital da Ribeira Sacra, quixo remarcar que non podemos esquecernos de que “ademais do gran patrimonio natural, vitivinícola e paisaxístico, a Ribeira Sacra pode presumir de ser a zona de maior concentración do románico rural en Europa, e neste senso, todas as iniciativas que buscan un modelo de desenvolvemento turístico coidado e sostible, como a que se presentou hoxe na Deputación Provincial, son motivo de satisfacción tanto para Monforte como para o resto da Ribeira Sacra, xa que axudan enormemente á promoción e posta en valor da zona sur da provincia, con tantos recursos turísticos que ofrecer e todos de gran calidade .
. A programación organizada este ano pola Deputación:
Venres, 30 de maio
- 10:30 horas. A Catedral de Lugo e a Cidade Medieval.
Sábado, 31 de maio
- 10:30 horas. O Saviñao: Románico con vistas ao Miño.
- 11:00 horas. O románico no Camiño de Santiago. Portomarín e Paradela.
- 16:30 horas. O románico de Taboada.
- 16:30 horas. Tesouros do románico rural en Lugo.
Domingo, 1 de xuño
- 10:30 horas. Monforte na historia
- 10:30 horas. A basílica de San Martiño de Mondoñedo de Foz
- 17:00 horas. O Románico Urbano. Visita a unha importante vila medieval no reino de Galicia: Viveiro.
Sábado, 7 de xuño
-10:30 horas. Pantón: A Ruta do Monacato Feminino.
-10:30 horas. O románico nas terras da Ulloa: Antas de Ulla.
- 16:30 horas. O románico no Xeoparque das Montañas do Courel.
- 16:30 horas. O románico nas terras da Ulloa: Palas de rei e Monterroso.
Domingo, 8 de xuño
-11:00 horas. Sarria e O Camiño: Os pasos do románico.
-11:00 horas. O románico de Chantada.
-11:00 horas. Santa María de Meira.
- 16:30 horas. Dez séculos no concello de Sober: Dos Romanos ao Románico.