O Alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, recibe no Concello ó CEO da empresa Indukern, D. Raúl Díaz-Varela Bertschinger.

Monforte de Lemos, 17 de maio de 2025. O Alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, acompañado da Tenente Alcalde, Dona Gloria Prada Rodríguez, recibiu na Alcaldía ó Vicepresidente e CEO do Grupo Indukern, ó que pertence a empresa Kern Pharma, D. Raúl Díaz-Varela Bertschinger, onde mantiveron unha reunión de traballo para analizar a evolución da adecuación do proxecto que se instalará en Monforte, logo das dificultades xurdidas con motivo da pandemia e tamén do elevado incremento de custes relacionados coa construción, acaecidos nos últimos anos e que tiveron como consecuencia un pequeno retraso do inicio das obras das instalacións que se ubicarán na parcela xa adquirida pola empresa no Polígono Industrial de “O Reboredo”.

A xuntanza desenvolveuse nun clima de cordialidade e colaboración onde constataron os avances positivos que se teñen producido na evolución do proxecto e das lineas de produtos que a empresa pretende levar a cabo no seu plan de produción.

A valoración que fixeron da reunión foi moi positiva e prevén que nunha próxima visita entre os meses de setembro ou outubro se poidan dar pasos definitivos de cara ó inicio dos traballos para facer realidade este gran proxecto, tanto para a empresa como para o Concello de Monforte, sobre todo, pola inversión que supón como polos produtos a desenvolver e por suposto, pola creación de postos de traballo moi cualificados, tendo en conta ademais a importancia  da presenza da marca Kern Pharma en Monforte e en Galicia.