O Alcalde de Monforte, presidiu a entrega de premios do I Torneo Club Rítmica Kendra celebrado o sábado no Pavillón Municipal de A Pinguela.

Monforte de Lemos, 18 de maio de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu a entrega de premios conseguidos polos participantes do I Torneo Club Rítmica Kendra, celebrado o sábado día 17, no Pavillón Municipal de A Pinguela de Monforte. No acto de entrega de trofeos, José Tomé estivo acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.

O Torneo, organizado polo Club Kendra, contou con un total de 400 ximnastas inscritas, procedentes de distintos puntos de Galicia, que competiron durante toda a xornada do sábado, en quendas de mañá e tarde, nas categorías de Escolar, Promoción, Prebase e Base.

O Alcalde felicitou a todos os deportistas que participaron na competición e quíxolles transmitir, especialmente ás ximnastas da Cidade de Monforte, o orgullo que supón para a nosa cidade ter deportistas nesta modalidade, como noutras igual de importantes, que consiguen poñer o nome da Cidade, no mais alto do panorama deportivo nacional.

José Tomé, quixo participar unha vez mais na entrega de trofeos dun novo torneo deportivo celebrado en Monforte, como nova mostra do apoio e compromiso que o Equipo de Goberno ten co deporte na cidade, tal e como demostra o continuo investimento que se está a facer en todas as instalacións deportivas de titularidade municipal.

O Alcalde remarcou que a chegada á nosa cidade dun número tan importante de deportistas é sempre unha nova oportunidade de promocionar a cidade, a súa riqueza gastronómica e cultural xa que veñen acompañadas polas súas familias e amigos, contribuindo á dinamización da nosa hostalería e convrtíndose nun impulso económico para Monforte.