Este xoves 22 de maio, con motivo da festividade de Santa Rita (patroa dos funcionarios), as oficinas do Concello de Monforte permanecerán pechadas a excepción do Rexistro Municipal, que estará aberto en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Poñemos esta información en coñecemento de toda a cidadanía a fin de evitar que os veciños que queiran facer algún tipo de xestión diferente ás do Rexistro acudan en balde ese día ao Concello.