Exposición Día Mundial Sen Tabaco 2025

Entre as actividades que realiza a UAD, poderedes visitar na Casa da Cultura de Monforte unha exposición con traballos realizados por usuarios de Centros de Día e Asociacións de toda esta zona, polo que agradecemos a inestimable colaboración de todos.

Nesta exposición poderedes ver os estupendos traballos que realizan os nosos maiores, neles transmítennos consellos que son reflexo da súa experiencia e que son unha grande axuda para difundir todo o posible as mensaxes para previr o tabaquismo, entre todas as persoas e este ano todavía mais referido a os xóvenes. O lema da OMS para este ano é:

«Desenmascaremos o seu atractivo: as tácticas da industria cos produtos de tabaco e nicotina ao descuberto».

Datas: 30 de maio ao 15 de xuño 2025

Os participantes deste ano son:
AFAMON MONFORTE
ALBORES MONFORTE
AGORA MONFORTE
ASIMÉDICA VIRGEN DE LA LUZ MONFORTE
DOMUS VI BÓVEDA
DOMUS VI MONFORTE
CENTRO DE DÍA CHANTADA
CENTRO DE DÍA MONFORTE
CENTRO DE DÍA PANTÓN
RESIDENCIA DO MALECÓN MONFORTE
RESIDENCIA VIRXE DO CARMEN SOBER

De novo, moitas grazas a todos os participantes e aos que este ano non lles foi posible colaborar. Eperámosvos o próximo ano.