O Alcalde fai entrega dos trofeos do Campionato provincial escolar de voleibol celebrado este sábado en Monforte

Monforte de Lemos, 8 de xuño de 2025. O Alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na mañá de onte, sábado, 7 de xuño, dos trofeos e medallas correspondentes ó Campionato Provincial de voleibol de Lugo, que se celebrou na Pabillón municipal de A Pinguela.

No Campionato Provincial de VOLEIBOL, que estivo organizado polo C.V. Ribeira Sacra, participarón os equipos clasificados das súas ligas comarcais; das Escolas Municipais de Quiroga, do Emeve de Lugo e do C.V. Ribeira Sacra, un total de 15 equipos e de 103  xogadores e xogadoras.

O Alcalde quixo felicitar persoalmente a todos os rapaces participantes no Campionato e animounos a seguir esforzándose na práctica desta modalidade deportiva que tantos éxitos cosechou para a nosa cidade.

José Tomé manifestou sentirse moi satisfeito polo 1º posto acadado polo clube Ribeira Sacra na categoría de Alevín Feminino, que tal e como dixo o Alcalde, é fruto do traballo que se fai durante todo o ano, pero quixo poñer en valor que a importancia de practicar un deporte, non reside soamente en alcanzar os primeiros postos das clasificacións, senon en todos os valores de compañeirismo, disciplina, respecto, traballo en equipo, perseverancia e superación que se acadan a través da práctica de calqueira modalidade deportiva.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE VOLEIBOL

MONFORTE 7 XUÑO 2025

PAVILLÓN MUNICIPAL A PINGUELA

 

BENXAMÍN FEMININO

PARTIDOS

EQUIPOS

RESULTADOS

SEMIFINAL 1

EMEVE BF 1 – RIBEIRA SACRA AZUL

2-0

SEMIFINAL 2

QUIROGA – EMEVE BF 2

2-0

3º - 4º POSTOS

EMEVE BF 2 – RIBEIRA SACRA AZUL

2-0

FINAL

EMEVE BF 1 - QUIROGA

2-1

1º- EMEVE BF 1.   2º- QUIROGA.   3º- EMEVE BF2.   4º.- RIBEIRA SACRA AZUL

 

BENXAMÍN MIXTO

PARTIDOS

EQUIPOS

RESULTADOS

PARTIDO 1

RIBEIRA SACRA AMARELO - EMEVE BM 2

0-2

PARTIDO 2

EMEVE BM 2- EMEVE BM 1

2-0

PARTIDO 3

EMEVE BM 1-RIBEIRA SACRA AMARELO

0-2

1º- EMEVE BM 2.   2º- RIBEIRA SACRA AMARELO.   3º- EMEVE BM 1.

 

ALEVÍN FEMININO

PARTIDOS

EQUIPOS

RESULTADOS

SEMIFINAL 1

RIBEIRA SACRA – EMEVE AF 6

2-0

SEMIFINAL 2

EMEVE AF 0 – EMEVE AF 5

2-0

3º - 4º POSTOS

EMEVE AF 6 – EMEVE AF 5

2-1

FINAL

RIBEIRA SACRA – EMEVE AF 0

2-0

1º- RIBEIRA SACRA.   2º- EMEVE AF 0.   3º- EMEVE AF 6.   4º- EMEVE AF 5.

 

ALEVÍN MIXTO

PARTIDOS

EQUIPOS

RESULTADOS

SEMIFINAL 1

QUIROGA – EMEVE AM 2

2-0

SEMIFINAL 2

EMEVE AM 1 – RIBEIRA SACRA AZUL

2-0

3º - 4º POSTOS

EMEVE 2 – RIBEIRA SACRA AZUL

1-2

FINAL

QUIROGA – EMEVE AM 1

0-2

1º- EMEVE AM 1.   2º- QUIROGA.   3º- RIBEIRA SACRA AZUL.   4º- EMEVE AM 5.