O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Xuño 2025
IA E PORNOGRAFÍA. QUE ESTÁ A PASAR?
A Intelixencia Artificial Xenerativa (IAG) deixou de ser unha tecnoloxía accesible únicamente para os expertos na materia ou para institucións con grandes recursos, para xeneralizarse o seu uso entre a poboación. O seu fácil acceso gratuito ou moi alcanzable, e utilización, a partir de simples comandos de textos, permite que calquera persoa poida crear vídeos ou imaxes ficticias de contido sexual con aparencia real.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para máis información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com