Monforte de Lemos, 14 de xuño de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo hoxe público o cartel gañador das vindeiras Festas Patronais da cidade, que terán lugar do 11 ó 16 de agosto de 2025.
Na presentación do deseño que se alzou coa trixésima edición deste concurso de carteis, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón e polo gañador do concurso, José Ángel Ligero Martínez que explicou en que se inspirou para a realización do cartel e o que quixo transmitir co deseño gañador do certame.
30ª edición do Concurso de Carteis
O Alcalde explicou que “cando convocamos o concurso de carteis para as Festas Patronais, facémolo permitindo a participación a calquera persoa que teña interese en contribuír a divulgar as nosas festas a través da súa capacidade artística. Porque desta forma temos unha maior aportación e variedade de ideas, como as 20 propostas que recibimos neste 2025”.
Neste senso, José Tomé recordou que “trátase dunha iniciativa que como lembrarán vostedes, dende 2015, dende que son Alcalde, estamos a utilizar e volvemos a apostar por esta fórmula aberta ó público en xeral, para que calquera cidadán poida facer a súa proposta. Así, neste ano 2025, o concurso cumpriu a súa trixésimo novena edición, 10 delas dende a miña chegada á Alcaldía”.
Deste xeito, dende o Concello establécese todos os anos un premio de 1.000 euros para o cartel gañador, “unha cantidade coa que retribuír o esforzo, o traballo e a creatividade da persoa que resultara gañadora”.
20 obras a concurso en 2025
En total, ó concurso deste ano presentáronse 20 traballos artísticos, un número moi elevado que xa no ano anterior, no 2024 se incrementou nun 33% mais que en edicións anteriores o que demostra o interese dos artistas por este tipo de concursos.
Todos os carteis que se presentaron a concurso, as 20 obras, serán expostos a principios de agosto na Casa da Cultura de Monforte. Unha vez remate dita exposición, os autores non premiados poderán retirar os seus carteis se así o desexan.
Elección do cartel gañador
O xurado, estivo composto por seis persoas de ámbitos sociais, educativos e culturais monfortinos diferentes, así como pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, que actuou como Presidenta do mesmo.
O Alcalde de Monforte, José Tomé, explicou as súas impresións sobre a obra gañadora e os criterios de valoración do xurado para escoller esta proposta entre todas as que se presentaron “no conxunto do cartel predomina a estética colorista a través dunha ampla gama cromática de cores alegres, especialmente os vermellos, verdes e azuis. Neste senso, “creo este cartel é unha explosión de alegría e cor, como o foi nos últimos anos, unha estética que gusta ó noso xurado porque o cartel das festas debe transmitir a alegría, a felicidade e a vitalidade das nosas festas”.
O gañador do concurso, José Ángel Ligero Martínez tamén quixo dar a súa explicación sobre o obxectivo que buscaba coa proposta que presentou, “obxectivo da súa composición era transmitir a alegría, o color e a festa nun deseño cheo de forza. Unha imaxe icónica da cidade claramente representativa, onde cada color, cada casa representa unha veciñanza unida polas festas. Todo esto fusionado, reflexando o espritu de unión da cidade e adornado con fogos artificiais”.
José Ángel Ligero Martínez tamén quixo agradecer ó Equipo de Goberno a iniciativa da modalidade de concurso aberto para a elección do cartel das Festas Patronais porque supón situar a Monforte no panorama nacional e porque tamén supón a posibilidade de concursar a todos os profesionais o que repercute na calidade das propostas que se presentan.
O Alcalde concluíu a súa intervención agradecendo á empresa Gadis a súa colaboración neste concurso, así como na posterior impresión dos carteis das nosas Festas Patronais. E tamén a colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos.