Monforte de Lemos, 14 de xuño de 2025. A Tenente Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, participou este venres dia 13 no Centro de Innovación e Desenvolvemento Empresarial de Segovia na reunión constituínte da Rede Gandeiro – Cárnica da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en representación do Alcalde de Monforte, que por motivos de axenda ineludibles, non puido asistir.
A Rede Gandeiro – Cárnica da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) créase co obxectivo de recoñecer, fortalecer e defender o sector gandeiro e a industria cárnica nos municipios e o Concello de Monforte, aprobou adherirse a esta Rede, no Pleno do pasado mes de abril.
Neste primeiro encontro aprobáronse as normas de funcionamento, así como a folla de ruta a seguir ata o 2027. Este plan de traballo, recolle os principais eixos nos que actuará esta Rede:
- Relevo xeracional e emprendemento rural: coa que se pretende incorporar as novas xeracións ao sector gandeiro. A Rede actuará como impulsora de iniciativas de visibilización, atracción do talento mozo e fortalecerá os ecosistemas locais para situar a gandería como unha opción de futuro.
- Acceso a financiación e simplificación de axudas: o acceso a subvencións é un dos principais retos das explotacións gandeiras. Este punto pretende avanzar cara unha maior capacidade local de intermediación financeira e unha redución das barreiras administrativas.
- Sostenibilidade territorial e valor social da gandería: este punto propón reforzar o vínculo entre a gandería e o territorio, promovendo unha visión máis integradora e responsable.
- Representación institucional e posicionamento da Rede: coa que se desenvolverán accións orientadas a reforzar a presencia pública desta Rede e ampliar as alianzas institucionais coas administracións e os diferentes actores do sector.
A Tenente Alcalde, explicaba que a adhesión á Rede Gandeiro- Cárnica da FEMP, lle vai permitir ó Concello a colaboración con outras entidades para impulsar iniciativas conxuntas destinadas a fortalecer este sector e constitúe unha importante oportunidade para o Concello de Monforte, de abrir novas posibilidades de desenvolvemento de iniciativas de emprendemento rural asi como unha posibilidade de defender a industria cárnica e o sector gandeiro nos Concellos.