Monforte de Lemos, 26 de xuño de 2025. Dende o Concello de Monforte, queremos informar a todos os veciños dun corte de tráfico de vehículos no acceso á rúa Doctor Casares, dende a Praza Doctor Goyanes ao centro de saúde o venres, día 27 de xuño dende as 8:30 h ata as 11:00 h mentras se procede á retirada dun andamio colocado en dias pasados para a realización da obra dunha fachada.
Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.