O Alcalde do Concello de Monforte, promociona o Festival de Viño da Ribeira Sacra a nivel nacional no programa de Julia Otero, que se retransmitiu en directo, dende Monforte de Lemos .

Monforte de Lemos, 29 de xuño de 2025. O Alcalde de Monforte de Lemos. José Tomé, participou na mañá deste sábado dunha entrevista en directo realizada pola periodista Julia Otero, que retransmitiu o seu programa “Julia en la Onda” dende Monforte de Lemos.

José Tomé tivo ocasión de promocionar o Festival do Viño da Ribeira Sacra que se celebrará o próximo fin de semana, os días 4, 5 e 6 de xullo, en Monforte de Lemos, explicándolles a todos os oíntes a singularidade do Festival. O Alcalde subliñou que o Festival do Viño da Ribeira Sacra ademais de constituír unha celebración que pon en valor os viños desta denominación de orixe e as súas características que os converten en únicos,  supón ademais o inicio do Verán Cultural de Monforte, que se desenvolve durante os meses de verán, con unha programación moi ampla e variada.

Tal e como explicou José Tomé, os turistas que visitan a nosa cidade durante a fin de semana do Festival do Viño, son especialmente, Cataláns, Madrileños, veciños do País Vasco e Andaluces. O rexedor quixo poñer en valor a localización do Festival, que tal e como afirmou Tomé, realízase nun lugar privilexiado, o malecón de Monforte, que estará provisto de zonas de sombreado en todos os stands e o percorrido do recinto.

 A periodista Julia Otero, tamén quixo saber a opinión do Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación Provincial de Lugo, sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, e José Tomé transmitiu unha mensaxe optimista, manifestando o seu convencemento de que este ano si se podería conseguir esta distinción para a Ribeira Sacra. Tal e como afirmou o rexedor, “non é que a Ribeira Sacra necesite un carne de presentación porque a Ribeira Sacra xa é o que é, pero si se conseguise ese recoñecemento suporía unha proxección internacional moi importante para este marabillosa zona”.

 A periodista aproveitou a ocasión para avaliar outros temas da actualidade da cidade, como o despliegue industrial que está a acadar o Polígono do Reboredo, facendo especial referencia ás empresas da Capital da Ribeira Sacra con maior facturación na actualidade.

José Tomé que ten como unha das súas prioridades como Alcalde, o aumento do tecido industrial en Monforte, explicoulle a Julia Otero o cambio que supuxo o Polígono Industrial dende a súa chegada ó poder, pasando de ser unha zona practicamente abandonada a converterse nun polígono sen parcelas de súelo para ofertar, motivo polo que o Alcalde, está traballando na súa ampliación coa colaboración do Estado, dotando ó Polígono de novas depuradoras, novas rúas, zonas verdes, unha inversión importantísima que favoreza a implantación de novas empresas na capital da Ribeira Sacra.

Na entrevista fíxose especial mención ás empresa panteras que están implantadas neste momento en Monforte, como Fenestra, Queserías Prado, ou Oviganic Ibérica, filial do Grupo Yeeper Dairy adicada á produción de leite en polvo destinado á alimentación infantil e tamén aos proxectos de próximas implantacións de novas empresas, como a farmacéutica Kern Pharma, que tal e como afirmou o Alcalde e Presidente da Deputación provincial, dará magníficas noticias no último trimestre do ano.

Julia Otero tamén quixo facer unha chamada ó esforzo que se está a facer para recuperar poboación en Monforte, xa que tal e como explicou Tomé, pasouse de baixar dos 20.000 habitantes no mandato do 95 ao 99 ata estancarse nos 18.000 habitantes, para experimentar nestes últimos anos, unha remontada de poboación  que o Alcalde considera que nos levará con seguridade a chegar de novo ós 20.000 habitantes no próximo mandato se non se produce neste.