O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Xullo 2025

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Xullo 2025

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

 

O IMPACTO DA PORNOGRAFÍA EN MENORES. Entender os riscos é o primeiro paso para protexer.

Seguro que escoitaches o termo “nativos dixitais”, refírese ás persoas que están a crecer rodeadas de tecnoloxía dixital, como Internet, redes sociais, dispositivos conectados, intelixencia artificial… Una das grandes vantaxes que teñen estes “nativos dixitais” é a extraordinaria facilidade para acceder, practicamente, a calquera tipo de información e contido.

 Isto pode parecer, a priori, positivo, pero que sucede cando ese contido, tan accesible, non é o adecuado, non é apto para menores, cando é un contido nocivo e perigoso para eles? Estamos a falar do acceso á pornografía dos menores.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Como sempre, estaremos á vosa  disposición na nosa dirección habitual.

 Tamén poderedes formular as vosas dúbidas a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

 

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación – 17    Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

 

e-mail: uad@concellodemonforte.com