O Alcalde anuncia que este luns permanecerá pechado a zona de xogos infantís do Parque da Compañía para efectuar traballos de control de pragas de insectos.

Monforte de Lemos, 6 de xullo de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, quere informar ós veciños de Monforte de Lemos do peche da área de xogos infantís do Parque da Compañía durante o próximo luns, día 7 de xullo, para proceder á realización de traballos de control de pragas de insectos na zona indicada.

A primeira hora da mañá procederase á realización de traballos de fumigación da zona onde se atopan os xogos infantís, motivo polo que permanecerá pechado durante todo o luns procedéndose á apertura do mesmo, o martes, día 8, xornada na que xa se poderá utilizar con normalidade.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión polas molestias que este peche temporal poida ocasionar.