O Concelleiro de deportes e o de Medio Ambiente e Medio Rural, entregan os diplomas da 2ª quincena do Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte.

Monforte de Lemos, 31 de xullo de 2025. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e o de Medio Ambiente, Medio Rural, Obras e Servizos, José Luis Losada, fixeron entrega esta mañá no Pavillón Municipal de a Pinguela, dos diplomas acreditativos ós nenos e nenas que participaron na segunda quincena do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte.

O programa que se desenvolve durante tres quincenas, dende o 1 de xullo ó 14 de agosto, ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período de vacacións dos rapaces e parazas e está orientado para nenos e nenas de entre os 5 e os 12 anos de idade.

O número de prazas ofertadas é de 120 por quenda, distribuídas en 12 grupos de traballo, establecendo unha ratio de 10 alumnos/as por monitor/a. Os rapaces que participaron no día de hoxe da entrega de diplomas, quixeron facer unha despedida homenaxe a un grupo de 7 rapaces e rapazas que xa non poden seguir participando destes campamentos, por chegar á idade máxima permitida e que foron calificados polos monitores como un grupo exemplar pola súa actitude e comportamento.

José Tomé destaca que “dende o Concello, facemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 822 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos dende que no 2024 se aumentaran 8 prazas mais que nos anos anteriores.”

O Alcalde subliña que “o noso obxectivo é facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares, e, sobre todo, para que os nenos e nenas de Monforte, poidan desfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.

A terceira e última quincena deste Campamento Deportivo de verán xa está en marcha, e terá de duración ata o 14 de agosto, quenda na que se ofertaban 120 prazas para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade.